Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Plans e programas » Plan de Vivenda 2009-2012 » Presentación

Introdución ao Plan de Vivenda

Os colectivos máis necesitados, os mozos e mozas, a rehabilitación e o fomento da vivenda protexida conforman os piares do Plan

PLAN DE VIVENDA 2009-2012

Co Plan de Vivenda 2009-2012, a Xunta de Galicia prevé facilitar o acceso a unha vivenda digna a máis de 50.000 familias galegas, a través da construción de novas vivendas protexidas, por medio de axudas para a adquisición de vivendas ou para a rehabilitación das xa existentes, así como a través do desenvolvemento de solo residencial destinado á construción de vivenda protexida.

Por primeira vez as axudas para adquisición de vivenda se abren a unha porcentaxe maior da poboación galega, xa que o límite máximo de ingresos para acceder ás mesmas pasa de 3,5 a 4,5 veces o IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples).

Preto de 600 millóns a investir nun período de catro anos é unha aposta decidida pola vivenda protexida.

Documentos relacionados

Documentos relacionados

REXISTRO DE DEMANDANTES

O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar irregularidades na compravenda de vivenda protexida.  É CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se axuste á túa solicitude; EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.

Bonificación Solo Empresarial

Para medrar con bases sólidas. Ata un 50% de bonificación e con axudas no financiamento do teu proxecto